Primeiro Equipo

O Celta supera á Real (1-2) en Anoeta e encadea a súa segunda vitoria consecutiva

RC Celta





Inmellorable inicio da segunda volta para o Celta, que derrotou á Real Sociedade en Anoeta con goles de Iago Aspas e Maxi Gómez para selar unha remontada enorme. Segundo triunfo consecutivo dos celestes, que ademais encadean catro partidos sen derrotas.

O Celta avisou no arranque cun remate desviado de Maxi Gómez tras un bo pase de Iago, pero no minuto 10, centro desde a dereita e cabezazo de Willian José para adiantar á Real. Iago empató dez minutos despois tras un claro penalti por man de Juanmi. Nunha primeira metade igualada e con ocasións para ambos, o equipo local dispuxo dun lanzamento de penalti aos 25 minutos que Willian José estrelou na madeira.

A mellor ocasión para os vigueses sería para Sisto, quen non pudo superar a Rulli nun man a man. Nesa mesma xogada, un defensor local despexou co brazo o remate de Maxi Gómez.

Tralo descanso, mesma paisaxe, moita igualdade, aínda que con menos chegadas. A falta dun cuarto de hora, en plena mellora celeste, Maxi Gómez cabeceou á rede de xeito maxistral un saque de esquina de Wass. Os celestes defenderon con oficio e solvencia a súa vantaxe e apenas sufriron ata o final. Gran vitoria, a segunda consecutiva, e cuarto partido sen derrotas. O inicio da segunda volta é inmejorable para o Celta.

FICHA TÉCNICA

1-R Sociedad: Rulli; Odriozola, Llorente, Raúl Navas, Kevin Rodrigues, Xabi Prieto (Aguirretxe, min.81), Zubeldia, Illarramendi, Canales (Oyardabal, min.61), Willian José e Juanmi (Januzak, min.69).

2-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Jozabed (Radoja, min.67), Wass, Iago Aspas, Pione Sisto (Brais, min.79) e Maxi Gómez (Cabral min.89).

Goles: 1-0, min.10: Willian José; 1-1, min.20: Iago Aspas,de penalti; 1-2, min.75: Maxi Gómez.

Árbitro: Mateu Lahoz, do comité valenciano. Amonestou a Jozabed, Lobotka, Zubeldia.

Campo: Anoeta.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas