16-9
Primeiro Equipo

O Albacete Balompié, próximo rival do Celta para os dezaseisavos de final da Copa del Rey

RC Celta

O Celta xa ten marcado en vermello o seu próximo desafío copeiro. Despois de certificar a súa clasificación no estadio Narcís Sala ante o San Andreu, o conxunto celeste enfrontarase agora ao Albacete Balompié nos dezaseisavos de final da Copa del Rey.

Este mediodía, a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) celebrou na Cidade Deportiva de Las Rozas o sorteo correspondente a esta rolda, no que o azar determinou que o Celta se medirá ao conxunto manchego entre os días 16 e 18 de decembro, horario aínda por confirmar.

Pola súa banda, o Albacete chega a esta fase tras eliminar ao San Fernando e ao Leganés, selando así a súa presenza no bombo de dezaseisavos.

Unha ronda na que o Celta visitará o Carlos Belmonte, estadio que coñece ben Javi Rueda que a tempada pasada xogou en calidade de cedido no Alba.

A pola seguinte todos xuntos, celtistas!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas