AS904818
Primeiro Equipo

O Celta xa está na seguinte rolda da Copa do Rei | UD San Pedro 1 – 5 RC Celta

RC Celta

O RC Celta xa ten un posto asegurado na seguinte rolda da Copa do Rei tras alzarse cunha gran vitoria por 1 – 5 ante o UD San Pedro.

O conxunto de Claudio Giráldez dominou o encontro na súa totalidade e, a pesar do momentáneo empate local, os celestes lograron encarrilar novamente a eliminatoria.

Alfon e Pablo Durán foron os encargados de abrir o marcador anotando os que son os seus primeiros goles en competición oficial co primeiro equipo. Mentres que Tadeo Allende e Tasos Douvikas, este último cun dobrete, uníronse pouco despois á festa.

Un encontro que serviu para darlle moitos minutos aos xogadores convocados do Celta Fortuna como é o caso Fer López que se estreaba co primeiro equipo demostrando a súa calidade no xogo, tentando un lanzamento desde a frontal que impactaba no segundo pau e asistindo, pouco despois, a Douvikas no quinto gol que pecharía a eliminatoria. Un gran nivel o que demostrou o canteirán celeste do mesmo xeito que Miguel Román, que tamén debutaba e facíao como titular, e Yoel Lago que saltaba ao terreo de xogo no segundo tempo.

Destacar tamén a volta á titularidade de Joseph Aidoo despois da lesión que sufría co seu combinado nacional hai un ano. O centrocampista disputou todo o encontro deixando moi boas sensacións.

Desta maneira, o RC Celta avanza á seguinte rolda da competición. Agora só falta por coñecer cal será o seu próximo rival en Copa do Rei. O sorteo celebrarase nos próximos días, aínda sen determinar, debido ao aprazamento dalgúns encontros pola DANA.

FICHA TÉCNICA:

1 – UD San Pedro: Reina, Adrián Silva, Pepe, Pedro Paulo, Restrepo (Alias, min. 75), Lavela; Vergara (Chino, min. 66), Oliva (Bryan, min. 62), Manu; Jaime (Óscar Asencio, min. 62) e Kiko Carmona (Corbacho, min. 75).

5 – RC Celta: Iván Villar, Carreira (Tadeo Allende, min. 36), Joseph Aidoo, Carlos Domínguez (Javi Rodríguez, min. 46), Mihailo Ristic, Cervi; Damián Rodríguez, Miguel Román (Fer López, min. 46); Pablo Durán (Yoel Lago, min. 69), Alfon (Bamba, min. 78) e Tasos Douvikas.

Goles: 0-1, min. 4: Alfon. 1-1, min. 15: Kiko Carmona. 1-2, min. 18: Pablo Durán. 1-3, min. 41: Tadeo Allende. 1-4, min. 61: Tasos Douvikas. 1-5, min. min. 83: Tasos Douvikas.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas