A tenda do RC Celta en A Sede recibiu unha gran afluencia de afeccionados este martes no encontro cos xogadores Sergi Gómez, Brais Méndez e Pione Sisto organizado polo club da man de Do Rego and Novoa.
Os celtistas que acudiron á cita no edificio celeste situado na Rúa do Príncipe tiveron a oportunidade de coñecer en persoa a tres dos seus ídolos, fotografarse con eles e conseguir os seus autógrafos. A Sede viviu unha tarde de auténtico ambiente futbolístico coa presenza dos xogadores do primeiro equipo e a posterior proxección do documental Alén do Cosmos no Salón Rexio, unha cinta que recolle a historia do galego Santiago Formoso e o seu paso polo Cosmos estadounidense.