ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

O central Joseph Aidoo obtén o seu primeiro Premio Estrella Galicia

RC Celta

Primeiro recoñecemento ao central celeste Joseph Aidoo. O defensor alzouse co Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do pasado mes de xaneiro tras recibir máis votos dos afeccionados que os outros dous finalistas. Deste xeito lévase o seu primeiro galardón como xogador do RC Celta.

O central ofreceu un rendemento sobresaínte nun mes no que o equipo vigués caeu pola mínima ante a Real Sociedad, superou a Osasuna en Abanca Balaídos por dous goles a cero e obtivo un meritorio empate en ante o Sevilla no Sánchez Pizjuán.

Aidoo expresou a súa satisfacción por este recoñecemento: “Estou moi contento, é moi importante para min, dáme moita confianza”, Tras destacar que o premio débese tamén ao rendemento do cada un dos seus compañeiros, indicou que “estou satisfeito co meu xogo e por suposto co do equipo”.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas