20221104_CuerpoTécnico_2
Novas primeiro equipo

Tres días de Afouteza para o corpo técnico celeste

RC Celta

O novo corpo técnico do RC Celta xa exerce a pleno rendemento na Cidade Deportiva Afouteza coa colaboración dos integrantes do habitual equipo de traballo do club. O adestrador Carlos Carvalhal, os técnicos axudantes João Mario e Sérgio Oliveira, o preparador físico João Meireles e o analista Tiago Pires contan na súa tarefa diaria co apoio de Borja Oubiña, Pedro Docampo, Nando Villa e Álex Andújar.

Esta mañá completaron a súa terceira sesión de preparación de cara ao importante partido deste sábado ante Osasuna en Abanca Balaídos, no que o apoio da afección será vital para que o equipo consiga a vitoria.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo

Noticias recomendadas