O defensa David Juncà e o RC Celta chegaron a un acordo para a desvinculación do lateral catalán, que emprende unha nova etapa deportiva na súa carreira. O defensor zurdo chegou ao club no verán de 2018 procedente da SD Eibar e ofreceu sempre un gran rendemento e profesionalidade.
O RC Celta quere agradecer a David Juncà o seu comportamento durante o tres tempadas que defendeu a camiseta celeste e deséxalle moito éxito no seu futuro deportivo e persoal.