O Celta B conta cun novo reforzo de cara á tempada 2016/17. O dianteiro Hicham Khaloua procede da UD Almería e chega cedido cunha opción de compra.
Hicham (Murcia, 1995) é un habilidoso atacante formado nas categorías inferiores do Cartaxena. En 2011 desembarcou no equipo xuvenil do Almería, onde destacou marcando dezaoito goles en vinte partidos, un rexistro goleador que lle catapultó ao filial almeriense esa mesma tempada.
En 2014 debutou en Primeira División co Almería ante a Real Sociedade, unha estrea brillante no que saltou ao terreo de xogo no minuto 86 e anotou o gol da vitoria no 91. Hicham, que a pasada campaña asinou 11 dianas no Almería B, foi internacional Sub 20 e Sub 23 con Marrocos.