Primeiro Equipo

O Dr. Cota repasa o parte médico do equipo

RC Celta

B_5urvCWsAAyyAi.jpg

O xefe dos servizos médicos ofreceu detalles sobre a evolución de Oubiña, Planas, Fontàs e Krohn

 

O Dr. Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta, repasou esta mañá a situación dos xogadores lesionados na sala de prensa da Madroa. O galeno celeste tamén comunicou que o canteirán Borja Fernández sofre unha pequena lesión meniscal.

 

Borja Oubiña

O centrocampista celeste Borja Oubiña continúa evolucionando “con altibaixos”: “É difícil predicir o que vai ocorrer. As súas lesións son dun rango importante que noutros casos obrigou a cesar a práctica deportiva, pero nin el nin nós tiramos a toalla”, asegurou García Cota, que destacou “a fortaleza” do canteirán céltico.

 

Planas

O lateral zurdo mantén unha dor residual no ligamento lateral externo, froito dunha escordadura anterior: “Esta semana a súa evolución ha ir moi ben. Estas dores ás veces son moi limitantes se non se curan ben”, explicou o médico.

 

Fontàs

O defensor catalán sofre unha elongación no aductor maior da coxa dereita, orixinado nunha xogada do primeiro tempo ante o Villarreal: “Hoxe está moito mellor e por iso fixo parte do adestramento”, declarou García Cota sobre o central, que comezou a exercitarse parcialmente co grupo: “A súa lesión é estruturalmente leve, pero bastante dolorosa. A recuperación é de 7-10 días, pero vista a súa melloría esperaremos ao sábado para decidir se pode xogar”.

 

Krohn-Dehli

O danés exercitouse esta semana á marxe debida a unha lumbalxia, doenza da que mellorou notablemente nas últimas horas: “Agora mesmo adestra con algunha molestia pero con normalidade. De seguir así esperamos que poida xogar o sábado”, anunciou o xefe dos servizos médicos.


 

Rolda de prensa completa do Dr. Cota: http://t.co/I36LvU6EiP

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas