Primeiro Equipo

“O equipo dará o máximo para que a comuñón coa afección continúe adiante”

RC Celta

LE-Presentacion_02.jpg

Luis Enrique, novo adestrador do RC Celta, foi presentado esta mañá no estadio de Balaídos

 

Luís Enrique, novo adestrador do Real Club Celta, foi presentado esta mañá na sala de prensa do estadio de Balaídos. O técnico estivo acompañado polo presidente do club, Carlos Mouriño, e do director deportivo, Miguel Torrecilla.

 

O presidente destacou a experiencia de Luís Enrique “en equipos que queremos crecer desde a base con traballo”, ao que Torrecilla engadiu que “a intensidade, o roubo de balón tras a perda e a querenza do bo trato ao esférico que aplica aos seus equipos coincide coa filosofía do Real Club Celta”, ademais de resaltar “o bo traballo que realizou con xeracións de xogadores novos”.

 

Luís Enrique mostrouse “encantado de estar en Vigo” e considera que vai encaixar perfectamente na filosofía do Celta, baseada na captación de xogadores da terra e que estean involucrados co club”. O adestrador celeste estará acompañado por Juan Carlos Unzué, segundo adestrador; Roberto Moreno, adestrador axudante; Rafael Pol, preparador físico; Joaquín Valdés, psicólogo; e Patxi Villanueva como adestrador de porteiros.

 

O técnico asturiano destacou o papel do celtismo durante a pasada tempada e afirmou que o equipo “dará o máximo para que a comuñón coa afección siga adiante”. Tamén tivo palabras para o traballo de canteira do club: “o Celta leva anos traballando nese aspecto, vin a infraestrutura e as cousas están a facerse ben. Apostarase pola canteira, pero teñen que gañarse o posto como calquera outro”. Luís Enrique confirmou que xa ten claro que canteiráns como Rubén, Madinda ou Santi Mina realizarán a pretemporada co primeiro equipo, que regresa aos adestramentos o 8 de xullo.

 

Tras a rolda de prensa de presentación, Luís Enrique saíu ao céspede de Balaídos acompañado polo seu corpo técnico para saudar e atender aos afeccionados celestes que acudiron ao estadio para darlles a benvida a Vigo.

 

LE-Presentacion_03.jpg

 

Fotografías: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas