Tras vencer ao Deportivo en Riazor, o primeiro equipo celeste gozará dunhas merecidas vacacións coincidindo coas datas do Nadal e o parón ligueiro. Os de Unzué volverán ao traballo na Madroa o sábado 30 de decembro ás 16:00 para preparar os partidos de Copa ante FC Barcelona e Liga ante Real Madrid.