Un valente RC Celta perdeu ante a Real Sociedade (2-1) nun partido no que os de Eduardo Coudet víronse lastrados polos dous penaltis en contra pitados polo colexiado na primeira parte.
O partido comezou cos dous equipos loitando cada balón con alta intensidade. A primeira ocasión clara do equipo celeste chegou tras unha falta lateral sacada por Denis que se foi a poucos centímetros da portaría local.
Á segunda xa non perdou o RC Celta e foi o capitán Hugo Mallo o que cabeceou á rede un saque de esquina tamén executado por Denis. O canteirán de Marín saltou por encima de todos os seus rivais e enviou o balón lonxe do alcance de Remiro.
Non durou moito a alegría e a Real Sociedad empatou poucos minutos despois por medio de Portu. Non se detivo aí o conxunto local, que puido porse por diante á media hora pero Iván Villar detivo o penalti lanzado por Isak e mantivo as táboas momentáneas. Se se adiantaron os vascos tras outro penalti no que Murillo e Lle Normand agárranse mutuamente pero o árbitro só viu o do xogador cafetero.
Na primeira xogada do segundo tempo Santi Mina estivo a piques de bater a Remiro, pero o porteiro vasco detivo o disparo co pé. O partido converteuse nun ida e volta e os dous equipos tiveron ocasións para perforar a portaría rival, aínda que sen puntaría.
No tramo final, o RC Celta acumulou homes e chegadas pero non puido conseguir o que sería un merecido empate.
FICHA TÉCNICA
2 – Real Sociedad: Remiro, Gorosabel, Elustondo, Le Normand (Sagnan, min 85), Monreal, Guridi, Guevara (Zubimendi, min 68), Portu , Januzaj (Oyarzabal, min 46), Carlos Fernández (Bautista, min 71), Isak (Ander, min 68)
1 – RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo, Araujo (Facundo, min 85), Murillo, Aarón (Fontán, min 60), Tapia, Denis Suárez (Beltrán, min 60), Brais Méndez, Nolito (Solari, min 76), Iago Aspas, Santi Mina
Goles: 0-1 Hugo Mallo, min 21; 1-1 Portu, min 25; 2-1 Januzaj, min 39;
Árbitro: Gil Manzano (Andalucía). Amoestou a Elustondo, Sagnan, Carlos (R. Sociedad) e a Murillo, Nolito (RC Celta)
Campo: Reale Arena