Primeiro Equipo

O internacional croata Filip Bradarić dota de consistencia e calidade ao centro do campo do RC Celta

RC Celta

O RC Celta inunda de solidez, consistencia e calidade o seu centro do campo coa incorporación, cedido até final de tempada con opción de compra, do pivote internacional croata Filip Bradarić, pertencente ao Cagliari e procedente do Hajduk Split.

Bradarić  (Split, Croacia, 11 de xaneiro de 1992) posúe unha dilatada experiencia na liga croata, onde o seu prestixio é inmenso, con importantes logros como a consecución do primeiro título de Liga da historia do HNK Rijeka. Tamén coñece a liga italiana tras o seu paso polo Cagliari, club ao que pertencen os seus dereitos e co que disputou unha trintena de encontros. É un futbolista con gran rigor táctico e intelixencia na ocupación de espazos e que ademais atesoura boa técnica, move o coiro con criterio e ofrece unha notable claridade na saída de balón.

Esta tempada disputou 9 partidos de liga e un de copa e entregou dúas asistencias. Bradarić é internacional absoluto con Croacia, selección coa que se proclamou subcampión do mundo en Rusia.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas