Primeiro Equipo

O internacional danés Pione Sisto enriquece o ataque celeste

RC Celta

sistp.jpg

 

O Real Club Celta está a piques de pechar unha nova incorporación que enriquecerá o ataque celeste de xeito notable. A falta da revisión médica e da firma do acordo definitivo, o internacional danés Pione Sisto converterase na cuarto fichaje do RC Celta para a apaixonante tempada 2016/2017.

 

Pione Sisto (4 de febreiro de 1995) aportará polivalencia, xa que pode xogar en varias posicións de ataque, desborde, velocidade e gol, cualidade que está acreditando sobremanera esta tempada, na que anotou catro tantos en dous partidos das roldas clasificatorias da Europa League co FC Midtjylland e outros dous noutros tantos partidos de Liga.

 

Debut con 17 anos

 

O 18 de novembro de 2012, con 17 anos, fixo o seu debut profesional nun encontro da Superliga contra o F.C. Copenague e a partir da tempada 2013-2014 ascendeu ao primeiro equipo do Midtjylland.  Na súa campaña de debut foi elixido «mellor xogador do ano» pola Asociación de Futbolistas de Dinamarca. A tempada seguinte, o Midtjylland conquistou o título de liga e Pione Sisto anotou 8 goles en 22 partidos.

 

Florencia

 

Pione Sisto incorporarase nas próximas horas á expedición do RC Celta en Florencia para, unha vez solventados os trámites pendentes, comezar a ejercitarse co equipo. O atacante danés será presentado ante a afección unha vez o RC Celta regrese do seu xira en Italia.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas