O canteirán Sergio Carreira será celeste ata 2025 unha vez pechada a ampliación do seu contrato unha tempada máis. O lateral dereito céltico, o RC Celta e o Club Deportivo Mirandés alcanzaron ademais un acordo para a cesión do xogador, quen deste xeito disputará a tempada 2021/22 na Segunda División española.
O club quere desexarlle a Sergio Carreira un gran éxito nesta campaña que disputará en Miranda, nun club que a tempada pasada acabou no posto 11 da táboa clasificatoria.