Unha das citas máis especiais da tempada para todo o celtismo, o Trofeo Memorial Quinocho, regresa este mércores 9 de novembro ás 20:30 horas tras non poderse celebrar na súa data habitual por mor das obras de remodelación de Balaídos. Así, a familia celeste poderá render tributo un ano máis ao ex xogador e xerente do RC Celta, figura inesquecible na historia do club vigués.
A vigesimoprimera edición do Memorial Quinocho contará co SC Braga como rival do Celta. Será a cuarta ocasión na que o conxunto portugués acuda convidado a este trofeo, sendo o club que máis veces participou na homenaxe a Quinocho.