Os xogadores do R.C Celta comezaron esta semana a someterse ás habituais probas de recoñecemento médico de pretempada no Hospital Vithas Fátima, proveedor de servizos sanitarios do Celta desde os anos 70. Aos futbolistas celestes realizaránselle análises e exames físicos no complexo hospitalario vigués supervisados polos doutores Juan José García Cota, xefe dos servizos médicos do Celta, e o cardiólogo Francisco Calvo Iglesias, do Hospital Vithas Fátima.
As probas que lle realizan estes días aos xogadores para asegurar o seu perfecto estado de saúde son unha analítica completa de sangue e ouriña, cardiograma con tecnoloxía ECO 3D e ergonometría (proba de esforzo).