O míster, Fran Escribá, analiza a primeira vitoria do RC Celta na liga por 1-0 contra a Valencia CF. Gran esforzo de todo o equipo que logrou imporse cun soberbio tanto do uruguaio Gabriel “Toro” Fernández, de tacón tras unha asistencia de Denis Suárez.
Os celestes logran o tres primeiros puntos e collen importante impulso para o próximo partido fronte ao Sevilla FC, o venres 30 ás 20:00 no Sánchez Pizjuán.