Tanto os despachos de billetes de Balaídos como a web oficial han rexistrado nos últimos días un constante crecemento na xestión de abonos para a ilusionante e histórica tempada 2016/17. Ante esta extraordinaria resposta do celtismo á Campaña de Abonados, o club amplía unha semana o prazo para beneficiarse das condicións especiais.
Os afeccionados que non puideron tramitar o seu carné durante o mes de xuño teñen unha nova oportunidade para aproveitar o 5% de rebaixa nas renovacións, acumulable ao desconto familiar ou accionista, e a exención de suplementos en partidos designados como ‘Días do Club’ tanto en renovacións como en novas altas.
Ademais, a Campaña de Abonados 2016/17 ofrece a posibilidade de financiar o carné en cómodas cotas de até 12 meses con tan só presentar o DNI e un xustificante de titularidade de conta de calquera entidade bancaria, unha opción que foi recibida con especial agrado por moitos dos afeccionados que xa xestionaron o seu abono.
Durante esta semana de ampliación das condicións especiais os despachos de billetes do estadio permanecerán abertas en horario continuo de 09:00 a 20:00 horas de luns a venres. A web www.celtavigo.org/taquillaCelta permite realizar altas e renovacións do ‘Abono Total’ (Liga, Copa e Europa League) en calquera momento e desde calquera lugar, sen ter que desprazarse ao estadio.
Toda a información sobre a Campaña de Abonados aquí