Carlos Mouriño protagonizou este venres un encontro dixital no que vigueses e celtistas tiveron a oportunidade de facer chegar as súas preguntas directamente ao presidente do RC Celta. O mandatario céltico iniciou a súa intervención analizando con total transparencia a situación actual do club e o seu futuro, centrándose na realidade sobre o estadio, e a continuación respondeu as cuestións lanzadas polos afeccionados desde as redes sociais.