O centrocampista celeste Fran Beltrán forma parte da listaxe de cen xogadores que optan ao “Golden Boy 2019”, o prestixioso galardón que o diario deportivo Tuttosport entrega cada mes de decembro ao mellor futbolista do ano menor de 21 anos desde 2003.
Messi, Fábregas, Agüero, Pogba ou Mbappé son algúns dos xogadores que recibiron este premio en edicións anteriores. Futbolistas célticos como Pape Cheikh e Emre Mor, tamén estiveron nominados no ano 2017.