Xogadores e técnicos participaron nunha divertida sesión de paintball en Vigo
O primeiro equipo disfrutou este mércores dunha xornada de actividade lúdica na que fíxose patente o bo ambiente que respira o vestuario celeste. O corpo técnico decidiu reemprazar o adestramento da mañá por unha sesión de paintball nunhas instalacións da área de Vigo.
A actividade deixou imaxes divertidas e curiosas dos futbolistas, que unha vez máis demostraron a uñón e excelente convivencia que existe no equipo. Mañá xoves retomaranse os adestramentos con normalidade, a partir das 11:00 horas na Madroa, xa coa mente totalmente concentrada no choque do domingo ante o Real Madrid, partido no que os célticos buscarán unha vitoria coa que premiar o apoio da afección ao longo de toda a tempada.