equipo 16x9
Primeiro Equipo

O primeiro equipo do RC Celta arrinca a pretemporada 24/25

RC Celta

Os xogadores do primeiro equipo do RC Celta volveron á actividade este venres despois das vacacións de verán. Tras dous días nos que se realizaron as pertinentes probas médicas na Clínica RC Celta da Sede, a xornada de hoxe estivo marcada pola primeira sesión de adestramento da pretemporada de LALIGA EA SPORTS 2024/25.

Os xogadores e o corpo técnico dábanse cita ás 10h na Cidade Deportiva Afouteza para realizar a primeira sesión de preparación dirixida por Claudio Giráldez e arrincar así o novo curso. No horizonte, o conxunto celeste xa ten marcado no calendario o que será o seu primeiro partido amigable da tempada ante o Benfica, o sábado 13 de xullo ás 20h no Estadio de Águeda (Portugal).

Este sábado, 6 de xullo ás 10h, terá lugar a segunda sesión de preparación.

Os futbolistas que se incorporaron no primeiro adestramento da pretemporada son:

  • Iván Villar
  • Vicente Guaita
  • Unai Núñez
  • Óscar Mingueza
  • Carlos Dotor
  • Carles Pérez
  • Fran Beltrán
  • Tadeo Allende
  • Iago Aspas
  • Franco Cervi
  • Joseph Aidoo
  • Jailson Marques
  • Jonathan Bamba
  • Kevin Vázquez
  • Mihailo Ristic
  • Javier Manquillo
  • Manu Sánchez
  • Carlos Domínguez
  • Hugo Sotelo
  • Hugo Álvarez
  • Damián Rodríguez
  • Sergio Carreira
  • Gonçalo Paciência
  • Julen Lobete
  • Miguel Baeza
  • Os xogadores que tiveron compromisos coas súas seleccións incorporaranse nos próximos días.
  • Así foi o primeiro día de adestramento da pretempada 24/25 do primeiro equipo do RC Celta.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas