Os xogadores do primeiro equipo do RC Celta volven á actividade tras as vacacións de verán. Farano a mediados da próxima semana coa realización das pertinentes probas médicas que se realizarán os días 3 e 4 de xullo. O venres, 5 de xullo, ás 10 da mañá, na Cidade Deportiva Afouteza, terá lugar a primeira sesión de adestramento ao mando de Claudio Giráldez.
Arrinca así a pretemporada 2024/25, na que o RC Celta xa ten fixados cales serán os amigables que disputarán, co obxectivo de preparar da mellor maneira o próximo curso:
13 de xullo: SL Benfica – RC Celta. Estadio Municipal de Águeda (Portugal) 20:00 CEST.
20 de xullo: Vizela – RC Celta. Estadio A Lomba (Vilagarcía de Arousa) 20:00 CEST.
10 de agosto: West Ham United – RC Celta. London Stadium (Londres) 16:00 CEST.
O conxunto celeste arrincará a tempada de LALIGA EA SPORTS 2024/25 o venres, 16 de agosto, ás 19:00, no estadio Abanca Balaídos, fronte ao Deportivo Alavés.