Antonio Mohamed por fin conta con todos os seus xogadores internacionais. Este xoves reincorporáronse aos adestramentos do primeiro equipo Júnior Alonso, Néstor Araujo, Lobotka e Sisto. Tamén chegou a Vigo o dianteiro Maxi Gómez, aínda que non puido participar na última sesión antes do enfrontamento ligueiro ante o Alavés por unha escordadura no xeonllo esquerdo, lesión sufrida durante un amigable da selección uruguaia en Xapón.
Así foi o rendemento dos internacionais celestes durante o parón FIFA do mes de outubro:
Iago Aspas (España)
Gales 1-4 España (entrou no 71′)
España 2-3 Inglaterra (Titular – 55′)
Pione Sisto (Dinamarca)
Irlanda 0-0 Dinamarca (Titular – 90′)
Dinamarca 2-0 Austria (Titular – 90′ – MVP)
Maxi Gómez (Uruguai)
Corea do Sur 2-1 Uruguai (entrou no 71′)
Japón 4-3 Uruguai (xogou do 76′ ao 84′ – Lesionado)
Lobotka (Eslovaquia)
Eslovaquia 1-2 Rep.Checa (Titular – 90′)
Suecia 1-1 Eslovaquia (Titular – 56′)
Okay (Turquía)
Turquía 0-0 Bosnia (Titular – 90′)
Rusia 2-0 Turquía (Titular – 90′)
Néstor Araujo (México)
México 3-2 Costa Rica (sen minutos)
México 0-1 Chile (Titular – 90′)
Júnior Alonso (Paraguai)
Entrenamientos oficiais.