Os celestes adestraron este luns pola tarde nas instalacións deportivas da Madroa
O persoal do primeiro equipo regresou este luns ás instalacións deportivas da Madroa tras gozar das vacacións do parón do Nadal. O conxunto vigués realizou unha sesión vespertina que contou coas únicas ausencias de Madinda, en repouso por unha gastroenterite, e de Santi Mina e Álex López, que viaxaron a Madrid para participar no partido Champions 4 Life que organiza a LFP (luns, 19h, Vicente Calderón).