O RC Celta perdeu este domingo ante Osasuna (2-0) nun partido que se decidiu pola gran efectividade do conxunto local.
A primeira metade estivo marcada pola igualdade entre ambos equipos e polo xogo no centro do campo. Tanto Osasuna como RC Celta acumularon chegadas á área rival e foi o conxunto local o que se adiantou no marcador grazas a un gran gol de Facundo Roncaglia desde fóra da área.
No segundo tempo foi o equipo celeste o que se fixo co control do xogo, aínda que ambos equipos acumularon ocasións de gol. Os de Óscar García tentaron por todos os medios anotar o tanto do empate pero os seus remates non atoparon portaría por moi pouco. No tramo final, Calleri ampliou a vantaxe local.
FICHA TÉCNICA
2 – Osasuna: Herrera, Roncaglia, Unai, David García, Íñigo Pérez, Oier (Vidal, min 83) Torró, Ruben García, Kike Barja (Jony, min 63), Calleri, Gallego (Moncayola, min 63).
0 – RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo, Aidoo, Murillo, Olaza, Okay, Tapia (Mina, min 72), Denis Suárez, Baeza (Emre, min 60), Nolito (Miguel Rodríguez, min 80), Aspas.
Goles: 1-0 Roncaglia, min 23; 2-0 Calleri, min 75.
Árbitro: De Burgos Bengoetxea (País Vasco). Amoestou a David García, Oier, Rubén (Osasuna) e a Tapia, Miguel, Murillo (RC Celta).
Campo: El Sadar.