Despois do empate do domingo en Cádiz, o RC Celta afronta este xoves outra esixente saída na xornada 31 de LaLiga. Os de Eduardo Coudet visitan á Real Sociedad, un dos equipos que máis eloxios acaparan esta tempada e que xa gañou a Copa de SM o Rei.
O equipo celeste chega ao encontro tras sumar 7 dos últimos 9 puntos posibles a domicilio despois das vitorias ante Huesca e Alavés e o mencionado empate contra o equipo gaditano.
Para este encontro, que chega con pouco tempo de descanso, o adestrador arxentino non conta con xogadores sancionados, mentres que Augusto e Ferreyra, que tiveron minutos o domingo, volverán ser da partida. Nos últimos adestramentos que se celebren na Cidade Deportiva Afouteza coñecerase se Santi Mina e Néstor Araújo poden estar dispoñibles.
A Real Sociedad, pola súa banda, conta coas coñecidas baixas de Illarramendi, Mikel Merino e David Silva entre outros.
O partido disputarase este xoves ás 21.00 horas e será arbitrado por Gil Manzano.