O primeiro equipo do RC Celta dá comezo esta semana á pretemporada 25/26. Os celestes realizarán durante os tres próximos días, 1, 2 e 3 de xullo, as pertinentes probas médicas na Clínica RC Celta de A Sede, como paso previo ao comezo do traballo sobre o terreo de xogo. Tras isto, terá lugar a primeira sesión de adestramento, que será o venres 4 de xullo ás 10:30 horas na Cidade Deportiva Afouteza.
Os xogadores convocados para o comezo da pretemporada son: Iván Villar, Coke Carrillo, Marc Vidal, Carl Starfelt, Hugo Sotelo, Sergio Carreira, Ilaix Moriba, Fran Beltrán, Iago Aspas, Franco Cervi, Pablo Durán, Williot Swedberg, Marcos Alonso, Mihailo Ristic, Hugo Álvarez, Carlos Domínguez, Damián Rodríguez, Yoel Lago, Javi Rodríguez, Jones El-Abdellaoui, Manu Fernández e Miguel Román.
A eles uniranse as recentes fichaxes: Andrei Radu e Ferran Jutglà; así como os futbolistas que regresan de cesión: Javi Rueda, Unai Núñez, Carlos Dotor, Joseph Aidoo, Carles Pérez e Manu Sánchez.
Pola súa banda, o internacional, Óscar Mingueza, quen disputou recentemente a final da UEFA Nations League, incorporarase aos adestramentos nos próximos días.
O RC Celta dá así o pistoletazo de saída a un curso que se presenta ilusionante, cunha pretemporada que xa conta cos seguintes partidos confirmados:
Sábado 19 de xullo, horario por confirmar – Sporting Clube de Braga no Estadio Municipal de Braga (Portugal)
Sábado 26 de xullo, 15:30 h – VfB Stuttgart no Stadion Kreuzeiche (Alemaña)
Martes 29 de xullo, 15:00 h – Grasshopper Club Zürich no GC Campus en Zúric (Suíza)
Venres 1 de agosto, 21:00h – Vitória SC no Estadio Dom Afonso Henriques de Guimarães (Portugal)
Sábado 9 de agosto, 16:00 h – Wolverhampton Wanderers no Molineux Stadium (Inglaterra)