O RC Celta caeu coa SD Eibar (1-0) merced a un gol de Sergi Enrich no tramo final. Os celestes tiveron dúas ocasións moi claras na primeira metade que non puideron transformar e terminaron perdendo nos últimos minutos do encontro.
A primeira metade estivo marcada polos constantes centros á área lanzados por unha SD Eibar que presionaba moi arriba aos celestes. Os de Miguel Cardoso, iso si, dispuxeron das dúas ocasións máis claras nas botas de Brais Méndez e Maxi Gómez.
No segundo tempo a dinámica seguiu sendo a mesma, aínda que o RC Celta estivo mellor asentado no terreo de xogo. Os locais dispuxeron dun penalti a favor no minuto 65 que Charles enviou por encima da portaría. Sergi Enrich anotou el único gol do partido a cinco minutos do final.
FICHA TÉCNICA
1 – SD Eibar: Dmitrovic; Peña, Ramis, Arbilla (Bigas, min 73), Cote; Orellana, Jordán (Escalante, min 65), Diop, Cucurella (Carmona, min 80); Enrich e Charles.
0 – RC Celta: Rubén Blanco; Hugo Mallo, Costas (Hjulsager, min 86), Araujo, Hoedt, Juncá; Brais Méndez, Okay (Beltrán, min 65), Lobotka, Jensen (Boufal, min 67) e Maxi Gómez.
Goles: 1-0 Enrich, min 86.
Árbitro: Cuadra Fernández, do comité balear. Amonestou a Cote (SD Eibar) e a Costas (RC Celta).
Campo: Ipurúa.