O RC Celta caeu na súa visita a Valladolid (2-1) nun encontro no que os locais tiveron máis efectividade que os celestes. Os de Miguel Cardoso adiantáronse no marcador cun gol de Pione Sisto pero non puideron aguantar a vantaxe.
O RC Celta fíxose dono do balón desde o pitido inicial e tocaba con fluidez a pelota en busca da portería contraria. Primeiro avisou Maxi Gómez cun disparo de falta que saíu rozando a escuadra, pero foi Pione Sisto cun sensacional zurdazo o que adiantou aos celestes cando se cumpría o primeiro cuarto de hora. A partir do gol, ambos equipos gozaron de varias chegadas con perigo durante o primeiro tempo.
A segunda metade comezou cun Valladolid envorcado sobre a área de Rubén, que tivo que empregase a fondo nun disparo de Óscar Plano. O dianteiro sí logrou empatar o encontro aos 10 minutos da reanudación. O conxunto local deulle a volta ao marcador no minuto 68 cun disparo de Keko. O RC Celta intentou igualar o partido no tramo final aínda que sen fortuna.
FICHA TÉCNICA
2 – Real Valladolid: Masip; Antoñito, Kiko Olivas, Calero, Nacho; Keko (Borja, min 82), Alcaraz, Míchel (Anuar, min 88), Toni Villa (Verde, min 68); Óscar Plano e Guardiola.
1- RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, Araujo, Hoedt, Juncá; Lobotka (Hjulsager, min 74), Jozabed (Apeh, min 82); Pione Sisto (Beltrán, min 57), Brais Méndez, Boufal; e Maxi.
Goles: 0-1, Pione Sisto, min 16; 1-1, Plano, min 55; 2-1, Keko, min 68.
Árbitro: Sánchez Martínez, do comité murciano. Amonestou a Toni Villa, Míchel (Real Valladolid) e Hugo Mallo, Hoedt (expulsado por doble amarilla), Boufal, Juncá (RC Celta).
Campo: Estadio Municipal José Zorrilla.