ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

O RC Celta cae en Elche pola mínima nun partido con pouco fútbol (1-0)

RC Celta

Derrota celeste no Martínez Valero. Partido duro e rochoso, sen ocasións e con moi pouco fútbol, no que o Elche foi máis efectivo que o cadro vigués. Os de Coudet foron de menos a máis no primeiro tempo e no arranque da segunda parte pareceron recobrar forzas e claridade no ataque. Un gol de Benedetto no minuto 49 supuxo un duro pau para os celestes, que terminaron por ceder o dominio do partido ao rival.

No tramo final do encontro o RC Celta tivo a oportunidade de igualar o marcador. Primeiro Galhardo, cun remate que se estampou contra a madeira, e despois Iago Aspas cun gol que foi anulado por unha polémica man previa do dianteiro galego. Máis aló da derrota, o duelo ante o Elche deixou outra mala noticia, a lesión de Brais Méndez por un traumatismo e escordadura no nocello esquerdo que poderían apartarlle da súa convocatoria con España para a Final Four.

Tras o parón da próxima semana, o RC Celta reencontrarase coa súa afección en Abanca Balaídos o domingo 17 de outubro, encontro no que a unión de celtismo e equipo será vital para retomar o camiño da vitoria.

 

FICHA TÉCNICA

1 – Elche CF: Casilla, Josan (Piatti, min.57), Barragán, Verdú (González, min.55; Josema, min.56), Roco, Mojica, Guti, Mascarell, Fidel, Lucas Pérez (Boyé, min.57), Benedetto (Pere Milla, min.83)

0- RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Araújo, Murillo (Solari, min.71), Javi Galán, Tapia (Okay, min.89), Beltrán (Denis Suárez, min.61), Nolito (Cervi, min.61), Brais Méndez (Galhardo, min.71), Iago Aspas, Santi Mina.

Goles: Bendedetto (1-0, min.49).

Árbitro: Munuera Montero, do comité andaluz. Amonestou a Josan, Barragán, Masacarell, Casilla (Elche); Araújo, Hugo Mallo e Santi Mina.

Campo: Martínez Valero.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas