hor web
Primeiro Equipo

O RC Celta cede pola mínima ante o Atlético en Abanca Balaídos (0-1)

RC Celta

Derrota do RC Celta en Abanca Balaídos ante o Atlético de Madrid nun partido que se decidiría nos últimos instantes cun gol de Memphis Depay.

O primeiro tempo viuse marcado por ocasións para ambos os equipos, quen buscaba recurrentemente a portería rival con aproximacións de gran perigo. Morata, polo Atlético e Carles, polo Celta, foron quen xerou as ocasións de maior incisión durante os primeiros 45 minutos. O propio Carles, nomeado como MVP do partido pola súa gran actuación buscando insistentemente a portería rival con incisión.

A segunda parte xa viría infestada de ocasións celestes, cun Iago Aspas insistente, que tivo as mellores ocasións despois do entretiempo, onde Oblak meteu unhas mans salvadoras para evitar o gol celeste. Nos minutos finais, Seferovic internaría con liberdade en tres cuartos de campo, sendo derrubado por Savic, o que carrexaría a expulsión do montenegrino e unha posterior falta que o de Moaña estrelaba na madeira. Nos minutos finais, chegaba o gol que decidía o encontro, obra de Memphis no minuto 88 de encontro e que traslada os tres puntos a Madrid.

O Celta, que acaba esta xornada con 23 puntos en 15º posición, trasladarase o vindeiro sábado a San Sebastián para medirse á Real Sociedade e tentar traer de volta a Vigo os tres puntos.

FICHA TÉCNICA:

RC CELTA: Iván Villar; Mingueza, Aidoo, Tapia, Javi Galán; Carles Pérez, Fran Beltrán (Paciencia, min.91), Gabri Veiga (Óscar, min.86), Da Torre (Cervi, min.86); Aspas e Strand Larsen (Seferovic, min.63).

ATLÉTICO DE MADRID: Oblak; Molina, Savic, Fermoso, Reinildo; Llorente (Witsel, min.66), De Paul, Koke (Saúl Ñíguez, min.86), Barrios (Carrasco, min.46); Griezmann (Correa, min.66) e Morata (Memphis, min.61).

GOLES: 0-1, min.89: Memphis.

ÁRBITRO: Figueroa Vázquez (C.Andaluz). Amoestou a Aidoo (min.4) e a Gabri Veiga (min.8) por parte do RC Celta e a Reinildo (min.41), a Diego Pablo Simeone (min.72) e a Nahuel Molina (min.87) por parte do Atlético de Madrid. Expulsou a Savic (min.70).

ESTADIO: Abanca Balaídos.

INCIDENCIAS: Antes do encontro gardouse un minuto de silencio en memoria dos falecidos polo terremoto de Turquía e Siria. Os xogadores do RC Celta saíron ao campo cunha camiseta de ánimo a Marchesín. Iago Aspas recolleu antes do encontro o XII Premio Manuel de Castro by Estrela Galicia.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas