sofiane-boufal-celta-leganes-futbol-laliga-balaidos-2018.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta choca co muro do Leganés (0-0)

RC Celta

RC Celta e Leganés asinaron un empate sen goles en Balaídos. O equipo celeste foi o claro dominador do choque e dispuxo das mellores ocasións, aínda que a mala fortuna privoulle de anotar algún tanto.

O partido comezou cun RC Celta en campo rival, circulando a pelota con fluidez e aproximándose ao área visitante. Maxi Gómez tivo a primeira ocasión do encontro aos once minutos e pouco despois Boufal reclamou un penalti que non foi sinalado polo colexiado.

A segunda metade seguiu a mesma dinámica. O conxunto celeste fíxose co control total do partido e dispuxo das mellores ocasións. Primeiro Maxi Gómez cun cabezazo ao pau e máis tarde Pione Sisto, Fran Beltrán e Brais Méndez puideron adiantar ao RC Celta. Finalmente, o encontro concluíu cun empate sen goles.

FICHA TÉCNICA

0-RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, David Costas, Araujo, Juncà, Jozabed (Beltrán min.61), Okay, Brais Méndez, Boufal (Sisto min.70), Iago Aspas y Maxi Gómez.

0-Leganés: Cuellar; Juanfran, Bustinza, Siovas, Omeruo, J. Silva; Vesga, Gumbau; Óscar (Ojeda min.86), En Nesyri (Sabin min.90)y Carrillo (Eraso min.79).

Árbitro: Munuera Montero, do comité andaluz. Amonestou a a Juncà e Maxi Gómez (RC Celta) e En Nesyri, Vesga e Cuellar (Leganés).

Campo: ABANCA Balaídos: 15.134 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas