getafeee.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta choca contra os elementos en Getafe (3-1)

RC Celta

O RC Celta caeu este sábado en Getafe (3-1) nun encontro no que conseguiu porse por diante nada máis comezar. O equipo madrileño aproveitou un discutido penalti, a expulsión de Maxi Gómez e un gol anulado a Hugo Mallo para darlle a volta ao marcador.

O partido comezou de maneira inmellorable para o RC Celta, que aos dous minutos se adiantou no marcador cun cabezazo de Araujo tras unha falta sacada con mestría por Brais Méndez. O resto da primeira metade estivo marcada pola igualdade entre ambos os equipos. Pouco antes do descanso, o árbitro sinalou un dubidoso penalti a favor do Xetafe que transformou Mata e expulsou a Maxi Gómez por dobre amarela. Xa no tempo de desconto Hugo Mallo anotaba o segundo gol celeste, que foi anulado por un cuestionado fóra de xogo.

A segunda metade comezou condicionada polo ocorrido antes do descanso e o equipo madrileño logrou adiantarse no marcador grazas a un tanto de Jorge Molina. O conxunto celeste tentou por todos os medios igualar o encontro pero non tivo fortuna nas ocasións creadas e Mata anotou o derradeiro gol local.

FICHA TÉCNICA

3 – Getafe CF: David Soria; Damián, Cabrera, Djené, Olivera; Samu Sáiz (Portillo, min 70), Maksimovic, Arambarri (Flamini, min 61), Foulquier; Jorge Molina e Mata (Ángel, min 82).

1 – RC Celta: Rubén; Hugo Mallo (Kevin, min 55), Araujo, Hoedt, Costas, Juncà (Sisto, min 82); Fran Beltrán, Jozabed; Brais Méndez, Maxi Gómez e Boufal (Aspas, min 65).

Goles: 0-1, Araujo, min 2; 1-1, Mata, min 39; Molina, min 62; 3-1, Mata, min 81;

Árbitro: González Fuertes, do comité asturiano. Amonestou a Mata, Flamini, Olivera (Getafe CF) e a Maxi Gomez (expulsado por dobre amarela no min 38), Costas (RC Celta).

Campo: Coliseum Alfonso Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas