ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

O RC Celta conquista o Benito Villamarín guiado por un dobrete de Iago Aspas

RC Celta

Gran vitoria celeste nun campo moi complicado como o do Real Betis. O RC Celta non vencía no Benito Villamarín desde 2014 e rompeu a estatística cun partido sobresaliente no que brillou con luz propia Iago Aspas. O de Moaña abriu o marcador na primeira parte desde o punto de penalti, unha pena máxima sinalada tras caer derrubado Franco Cervi na área bética.

Cando o descanso xa se aproximaba, Iago Aspas asinou unha nova obra mestra para seguir agrandando a súa lenda. O galego regateou a todos os xogadores cos que se topou e enviou o balón ao fondo da rede con mestría para pór o 0-2 no marcador. Os de Coudet saíron ao segundo tempo co obxectivo de conservar o resultado, aínda que Santi Mina contou con varias oportunidades para sentenciar. O Real Betis tentou recortar distancias, pero o RC Celta soubo controlar a dinámica do xogo até o asubío final. O RC Celta arrinca o 2022 da mellor forma posible.

 

0 – REAL BETIS: Rui Silva, Bellerín, Bartra, Víctor Ruíz, Álex Moreno, William, Guardado (Fekir, min.57), Lainez, Canales (Tello, min.79), Juanmi, Willian José (Borja Iglesias, min.57).

2 – RC CELTA: Dituro, Okay, Aidoo, Carlos Domínguez, Javi Galán, Fran Beltrán, Brais Méndez (Gabri Veiga, min.85), Denis Suárez, Cervi, Santi Mina, Iago Aspas (Nolito, min.89).

Goles: Iago Aspas (0-1, min.37); Iago Aspas (0-2, min.45).

Árbitro: Soto Grado, do comité rioxano. Amonestou a Willian José (Betis), Denis Suárez, Cervi (RC Celta).

Campo: Benito Villamarín.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas