celta-ok.jpg
Novas primeiro equipo

O RC Celta consegue o merecido premio da vitoria (2-1)

RC Celta

O RC Celta conseguiu unha agónica vitoria ante o Sevilla (2-1) grazas aos goles de Iago Aspas e Pione Sisto. O equipo celeste sae do descenso grazas a este triunfo nun partido no que o apoio da afección foi decisivo.

A primeira metade estivo marcada pola igualdade e foron os sevillistas os que se adiantaron no marcador por medio de En-Nesyri. Os de Óscar García acusaron o golpe e fóronse ao descanso por detrás.

Tras a continuación, os celestes deron un paso á fronte e envorcáronse sobre a portaría rival. Foi Iago Aspas o que puxo as táboas no marcador tras un sensacional recorte sobre Vaclik e xa co tempo cumprido, Pione Sisto levo a tolemia ás bancadas co gol decisivo.

FICHA TÉCNICA

2 – RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Araujo, Murillo, Olaza, Okay, Beltrán (Bradaric, min 70), Rafinha, Brais (Sisto, min 46), Iago Aspas, Smolov (Santi Mina, min 88)

1 – Sevilla: Vaclik, Jesús Navas, Sergi, Diego Carlos, Escudero, Fernando, Jordán, Franco (Nolito, min 85), Ocampos, Suso (Banega, min 65), En-Nesyri (De Jong, min 73)

Goles: 0-1 En-Nesyri, min 23; 1-1 Aspas, min 78; 2-1 SIsto, min 91

Árbitro: Jaime Latre (Huesca). Amoestou a Hugo Mallo, Murillo y Smolov (RC Celta) e a Diego Carlos y Escudero (Sevilla)

Campo: ABANCA Balaídos

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas