O RC Celta conseguiu un meritorio empate este domingo no Santiago Bernabéu ante o Real Madrid (2-2) nun partido no que Santi Mina puxo as táboas nos últimos compases.
O Real Madrid tivo a posesión de balón na primeira metade pero foi o RC Celta o que se adiantou no marcador por medio de Smolov, que culminou unha gran asistencia de Iago Aspas. O equipo local acumulou chegadas durante os seguintes minutos, aínda que foron os celestes os que puideron ampliar a renda cun cabezazo de Aidoo que despexou Courtois.
Na continuación o equipo branco igualou o partido cun gol de Kroos desde dentro da área. Co paso dos minutos o Real Madrid foi encerrando ao RC Celta na súa área e acumulou infinidade de chegadas á área e Ramos deulle a volta ao marcador desde o punto de penalti. No tramo final, Denis Suárez debuxou unha asistencia maxistral e Santi Mina anotou o empate final no marcador.
FICHA TÉCNICA
2 – Real Madrid: Courtois, Carvajal, Ramos, Varane, Marcelo, Valverde, Casemiro, Kroos (Modric, min 80), Bale (Mendy, min 83), Hazard (Vinicius, min 72), Benzema
2 – RC Celta: Rubén, Olaza, Murillo, Néstor, Aidoo, Kevin (Sisto, min 54), Okay, Bradaric (Mina, min 82), Rafinha, Aspas, Smolov (Denis, min 70)
Goles: 0-1 Smolov, min 7; 1-1 Kroos, min 51; 2-1 Ramos, min 64; 2-2 Mina, min 85;
Árbitro: Alberola Rojas (Ciudad Real). Amoestou a Bale, Carvajal (Real Madrid) e a Olaza, Okay (RC Celta)
Campo: Santiago Bernabéu