O RC Celta empatou este sábado en Abanca Balaídos ante o FC Barcelona (2-2) nun vibrante partido que os celestes igualaron en dúas ocasións e que puideron levarse no tempo de desconto cunha gran ocasión de Nolito.
Na primeira metade o conxunto de Óscar García estivo algo incómodo no tramo inicial e Luís Suárez adiantou aos visitantes nunha xogada ensaiada. A partir dese momento, o RC Celta comezou a estirar liñas e creou varias ocasións de perigo que non atoparon o fondo da portaría.
No segundo tempo, Smolov igualou a contenda tras unha gran combinación con Iago Aspas e Okay. Suárez volveu adiantar ao azulgranas pero Iago Aspas, cun xenial lanzamento de falta, estableceu a igualada preto do minuto 90. Xa no desconto, Nolito tivo a remontada nas súas botas pero Ter Stegen desbaratou a ocasión.
FICHA TÉCNICA
2 – RC Celta: Rubén Blanco, Kevin, Sáenz, Aidoo, Araújo (Murillo, min 73), Jacobo (Mina, min 81), Okay (Bradaric, min 60), Brais (Rafinha, min 60), Denis, Aspas, Smolov (Nolito, min 60)
2 – FC Barcelona: Ter Stegen, Semedo, Piqué, Umtiti, Alba, Rakitic, Vida, Puig, Messi, Suárez, Ansu
Goles: 0-1 Suárez, min 20, 1-1 Smolov, min 54; 1-2 Suárez, min 67; 2-2 Aspas, min 88
Árbitro: Cuadra Fernández (Madrid). Amoestou a Brais, Araujo e Aspas (RC Celta) e a Alba, Umtiti, Braithwath, Piqué (FC Barcelona)
Campo: ABANCA Balaídos