O primeiro equipo afrontou este martes a primeira tripla sesión da tempada. Os celestes amenceron pronto no Hotel Eurostars La Toja, na illa da Toxa, e arrincaron o día facendo carreira e exercicios de alta intensidade física. O persoal tamén realizou unha sesión no ximnasio e porá punto e final a esta esixente xornada cun adestramento a porta pechada ás 18:30 no Campo de Baltar (Portonovo).