brais..
Primeiro Equipo

O RC Celta continúa imparable e suma a súa cuarta vitoria consecutiva (2-0)

RC Celta

Impresionante refacho do RC Celta tras superar ao Alavés (2-0) e sumar a súa cuarta vitoria consecutiva en LaLiga. Os de Eduardo Coudet asinaron unha gran primeira metade e sentenciaron o encontro cun dobrete de Brais Méndez.

Nos primeiros 45 minutos os xogadores celestes dominaron de principio a fin e sumaron numerosas ocasións. O gol chegou grazas unha sensacional combinación entre Tapia e Olaza que rematou Brais no primeiro pau.

Na segunda metade o equipo soubo sufrir e Rubén Branco evitou a igualada cunha magnífica parada tras un saque de esquina. No tramo final, Iago Aspas serviu en bandexa o segundo tanto a Brais Méndez.

 

FICHA TÉCNICA

2 – RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo, Araujo, Murillo, Olaza (Aidoo, min 90), Tapia, Denis Suárez (Okay, min 70), Beltrán (Fontán, min 70), Brais Méndez, Nolito (Baeza, min 70), Aspas (Emre, min 90)

0 – Alavés: Pacheco, Ximo, Ely (Tachi, min 37), Leujene, Duarte, Pina, Battaglia (Manu, min 85), Jota (Tavares, min 74), Rioja (Borja, min 85) Lucas (Guidetti, min 74), Joselu

Goles: 1-0 Brais, min 19; 2-0 Brais, min 79;

Árbitro: Alberola Rojas. Amoestou a Araujo y Nolito (RC Celta) e a Battaglia, Pina (Alavés)

Campo: Abanca Balaídos

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas