O restaurante Los Abetos, situado en Nigrán, acolleu esta mañá o acto de recepción do RC Celta ao Manchester United, autoridades locais e responsables de UEFA con motivo da celebración da ida de semifinais da Europa League en Balaídos.
Á recepción asistiron, ademais do presidente celeste e o alcalde, o consello de administración e directores do club, varios responsables municipais, representantes da UEFA e unha delegación do club inglés da que formaba parte o lexendario Sir Bobby Charlton.