Borja Iglesias, Alfon, Vicente Guaita, Iker Losada, Jailson e Javier Manquillo finalizan a súa vinculación co RC Celta este 30 de xuño. Os xogadores emprenden agora unha nova etapa deportiva pechando a súa estancia no conxunto celeste.
O RC Celta quere agradecerlles a súa profesionalidade, dedicación e compromiso ao longo do tempo que formaron parte da dinámica do club e desexarlles moitos éxitos nos novos retos que agora emprenden.
Sempre formaredes parte desta gran familia celeste.
Grazas!