uuuok.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta dobrega ao campión e fai soar A Rianxeira (2-0)

RC Celta

O RC Celta impúxose ao FC Barcelona en ABANCA Balaídos (2-0) e certificou a súa cuarta vitoria consecutiva como local. O cadro de Fran Escribá soubo ler o partido tivo paciencia para certificar a vitoria no segundo período grazas aos goles de Maxi e Aspas.

Na primeira parte non houbo moitas ocasións de gol. O FC Barcelona fíxose co control de balón e o RC Celta defendeu con orde para saír á contra. Súas foron as chegadas máis perigosas á área rival, aínda que foi Rubén Branco o que detivo o disparo máis claro.

A segunda parte comezou cun gol anulado a Nestor Araujo por un milimétrico fóra de xogo. O equipo celeste, xa dono do partido, envorcouse sobre a portaría do conxunto azulgrana e dispuxo de varias ocasións de perigo. No ecuador do segundo tempo un sensacional pase de Boudebouz foi enviado ao fondo da rede por Maxi Gómez para adiantar ao RC Celta. No tramo final, Iago Aspas puxo o 2-0 definitivo desde o punto de penalti.

FICHA TÉCNICA

2 – RC Celta: Rubén; Hugo Mallo, Cabral, Araujo, Olaza; Boudebouz (Jozabed, min 84), Lobotka, Yokuslu, Boufal (Brais, min 71); Maxi Gómez (Beltrán, min 91), Aspas

0 – FC Barcelona: Cillessen; Wague, Todibo (Murillo, min 67), Umtiti, Vermaelen, Malcom; Arthur (Vidal, min 61), Aleñá, Riqui Puig; Dembélé (Collado, min 6), Boateng

Goles: 1-0 Maxi, min 67; 2-0 Aspas, min 88;

Árbitro: José María Sánchez Martínez, do comité murciano. Amoestou a Boufal (RC Celta) e a Vermaelen, Umititi, Todibo, Boateng, Vidal (FC Barcelona)

Campo: ABANCA Balaídos (22.519 espectadores)

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas