ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

O RC Celta e a súa afección despiden o ano cun triunfo ilusionante (3-1)

RC Celta

Un gran xogo, goles e tres puntos moi valiosos. Non había mellor forma de despedir o ano 2021 que cun triunfo ante o celtismo, en Abanca Balaídos. Os de Coudet asinaron un gran partido ante o Espanyol, un encontro que arrincou da mellor maneira posible, cun gol de Santi Mina cando os máis atrasados nin se sentaron na súa butaca.

Os celestes manexaron o ritmo de xogo e o partido chegou ao descanso sen sobresaltos para o cadro de Coudet. O segundo tempo arrincou co imprevisto dunhas molestias nos isquiotibiais de Fran Beltrán, que deu paso no seu lugar a un Denis Suárez que tería moito que dicir sobre o campo. Nada máis arrincar a segunda parte, Iago Aspas anotou o 2-0.

O dominio vigués foi a máis e redondeouse co 3-0, marcado por un Denis Suárez que rematou con auténtica frialdade e precisión. Xa no desconto, Loren marcou un auténtico golazo desde mediocampo ante o que Dituro nada puido facer. Era o 3-1 definitivo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas