tooos.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta embelesa coa súa coraxe e o seu bo fútbol ante o Valencia (1-0)

RC Celta

O RC Celta sumou este sábado ante a Valencia CF o primeiros tres puntos do campionato tras imporse por 1-0. O conxunto celeste impuxo o seu bo fútbol e o seu traballo ante o vixente campión de Copa do Rei e demostrou que será moi difícil que se escapen puntos de Abanca Balaídos.

O único gol do RC Celta chegou tras unha sensacional combinación entre Iago Aspas, Denis Suárez e Gabriel Fernández que o dianteiro uruguaio enviou á rede tras un sensacional taconazo. Durante o resto do encontro ambos equipos dispuxeron de ocasións para marcar.

FICHA TÉCNICA

1 – RC Celta: Rubén Blanco, Kevin, Aidoo, Araujo, Olaza, Lobotka, Beltrán, Denis Suárez, Brais (Pape, min 78), Iago Aspas (Hugo Mallo, min 89) e Gabriel Fernández (Mina, min 72)

0 – Valencia: Cillessen, Piccini (Ferrán, min 67), Garay, Paulista (Diakhaby, min 61), Gayá, Kondogbia, Parejo, Wass, Guedes, Maxi Gómez (Rodrigo, min 61) e Gameiro.

Goles: 1-0 Gabriel Fernández, min 15

Árbitro: Hernández Hernández, do comité canario. Amoestou a Olaza (RC Celta) e a Parejo, Gayá (Valencia).

Campo: Abanca Balaídos (20.034 espectadores)

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas