RC Celta e Real Oviedo empataron este mércores en Abanca Balaídos (2-2) no primeiro encontro de pretemporada para o equipo celeste. Adiantáronse os asturianos no marcador tras unha perda do conxunto local e rapidamente chegou o empate tras unha carambola despois dun disparo de Iago Aspas. Emre Mor puxo o 2-1 momentáneo no marcador cun sensacional disparo á escuadra. No tramo final, o cadro asturiano igualou o choque nun rápido contragolpe.