O RC Celta engade unha nova data á súa pretemporada. Os celestes desprazaranse á localidade portugesa de Braga o venres 27 de xullo para disputar un partido amigable ante o SC Braga ás 20:30 (hora local) no orixinal Estadio Municipal de Braga.
O club bracarense, un dos históricos do fútbol portugués, finalizou a última tempada na cuarta posición da clasificación, polo que na 2018/19 volverá xogar a UEFA Europa League. 2018/19. Este choque sumar ao xa confirmado ante o Southampton FC en terras inglesas, programado para o 1 de agosto ás 19:45 (hora local) no St. Mary’s Stadium.
Pretempada 2018/19
09/07 | Inicio dos adestramentos (A Madroa).
27/07 | SC Braga – RC Celta (20:30, Braga).
01/08 | Southampton FC – RC Celta (19:45, Southampton).