TOP 10 LALIGA 16x9
Primeiro Equipo

O RC Celta entra no Top 10 da Clasificación Histórica de Primeira División

RC Celta

Tras vencer ao UD Las Palmas, o RC Celta métese no Top 10 da Clasificación Histórica de Primeira División, superando ao Real Zaragoza, sumando un total de 2112 puntos. Uns datos alcanzados tras 59 tempadas disputadas, 1972 partidos, 667 vitorias e un total de 2629 goles.

Tras adiantar ao Deportivo da Coruña hai 6 anos, o RC Celta alcanza unha nova fazaña que pon de manifesto a grandeza do club celeste na historia do fútbol español.

Un Top 10 da Clasificación Histórica de Primeira División que está dominado polo Real Madrid con 4976 puntos seguido polo FC Barcelona, Atlético de Madrid, Valencia, Athletic Club, Sevilla, Espanyol e Real Sociedad. O Betis ocupa a novena praza con 2287 puntos.

O RC Celta continúa así agrandando a súa historia na súa décimo terceira tempada en Primeira División, estando a tan só unha campaña de igualar a súa mellor serie histórica, e cuns datos que o sitúan na elite histórica do fútbol español.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas