Tras unha campaña chea de Afouteza e Corazón, o RC Celta logrou selar a súa permanencia matemática en LALIGA EA SPORTS a falta de catro xornadas. A próxima tempada será a décimo cuarta consecutiva na elite do fútbol.
Non foi un camiño fácil, nunca o é. Pero este curso, grazas un xogo valente, ofensivo e cheo de intensidade, o equipo deu un paso adiante, afastándose do sufrimento de anos anteriores e regalando á bancada momentos inesquecibles. E é que esta permanencia non é só do equipo, é, sobre todo, do motor deste club, do celtismo. Enchestes Abanca Balaídos como nunca, viaxachedes por toda a xeografía española tinguindo de celeste cada estadio, empurrachedes en cada minuto, en cada xogada, en cada loita. Cada gol, cada vitoria, cada alegría é vosa.
A próxima será a tempada número 14 seguida en Primeira División, unha cifra que iguala a mellor serie histórica do club e que permite festexar un número redondo ao alcanzar as 60 campañas na máxima categoría. O RC Celta é o equipo galego con máis presenza na elite, e isto, logrouse xuntos.
Grazas afección e parabéns, unha tempada máis.